Data de nacemento
13/01/1777
Data de defunción
07/08/1820
Biografía
Era unha das irmás menores de José Bonaparte, Napoleón I de Francia, quen a estableceu como un membro da Familia Imperial do Primeiro Imperio Francés o 18 de maio, 1804. Recibiu o título de Su Alteza Imperial. O 19 de marzo, 1805, Napoleón nomeouna Princesa de Lucca e Piombino e Grande Duquesa de Toscana o 3 de marzo, 1809. O posto estivera vacante previamente dende a abdicación de Fernando III de Toscana en 1801 e Toscana fora incorporada ao Reino de Etruria ata 1807.
Elisa foi Duquesa de Toscana ata o 1 de febreiro, 1814. Cando Fernando III foi restaurado no seu trono. Pasou os últimos anos da súa vida recluída. Morreu en Trieste.