A Paz de Amiens, asinouse na cidade dese nome, situada no norte do territorio francés, o 27 de marzo de 1802, contendo 22 disposicións, sendo os representantes, o embaixador José Bonaparte, por Francia, o embaixador español Nicolás de Azara, o ministro Schimmelpenninck, pola República Batava, e lord Cornwallis, polos ingleses, que ademais representaban os intereses dos portugueses e do imperio turco.
Comprometíanse á paz e a relacións amigables e de entendemento, con intercambio de prisioneiros, asemesmo as seguintes clausulas:
-O Reino Unido devolveu a colonia de El Cabo á República Bátava.
-O Reino Unido devolveu a maior parte das Indias Orientais Holandesas á República Bátava.
-A retirada francesa e británica de Exipto e a súa devolución a Turquía.
-A restitución por parte de Gran Bretaña de todas as conquistas feitas a Francia e os seus países aliados, agás Ceilán (actual Sri Lanka), Xibraltar e a illa de Trinidad, así como Tobago. A illa de Menorca sería devolta a España.
-A evacuación de Nápoles e os Estados Pontificios por parte de Francia.
-Fixación do río Araguari como fronteira entre a Guayana Francesa e a Güiana portuguesa.
- A devolución da illa de Malta, Gozo e Comiño aos Cabaleiros Hospitalarios. Todas estas illas foron declaradas neutrais.