Data de nacemento
27/05/1756
Data de defunción
13/10/1825
Biografía
As súas simpatías por Francia e as ideas da ilustración caracterizaron o seu goberno dende o principio. En política exterior, ata 1813 Maximiliano foi o principal aliado alemán de Napoleón. Considerado o máis importante dos príncipes que formaban a Confederación do Rhin e permaneceu xunto a Napoleón ata a batalla de Leipzig, cando se decidiu a asinar o Tratado de Ried (1813) que garantía a integridade do seu reino a cambio de abandonar ao emperador francés e unirse aos aliados.
Casóu en segundas núpcias (9 de marzo de 1797) con Carolina de Baden, filla do Príncipe herdeiro Carlos Luis de Baden.