Carolina de Baden

Data de nacemento
13/07/1776
Data de defunción
13/11/1841
Biografía

Princesa alemá, procedente da familia Zähringen, era filla de Carlos Luis, príncipe herdeiro de Baden, e de Amelia de Hesse-Darmstadt. Os seus avós foron Carlos Federico, margrave de Baden, e Luis IX, landgrave de Hesse-Darmstadt. O 9 de marzo de 1797, Carolina casouse en Karlsruhe con Maximiliano, duque palatino que, dous anos despois será Príncipe Elector de Baviera.