O Tratado de Rijswijk foi asinado o 20 de setembro de 1697 na cidade de Rijswijk nas Provincias Unidas (agora Países Baixos), con iso, finalizou a guerra da Grande Alianza, que enfrontou a Francia contra a Grande Alianza formada por Inglaterra, España, o Sacro Imperio Romano Xermánico e as Provincias Unidas.
As negociacións comezaron en maio de 1697. A base da paz era que todas a cidades e distritos capturados dende a paz de Nimega (1678) debían ser restaurados. Entón Francia entregou Friburgo, Breisach e Philippsburg ao Sacro Imperio Romano Xermánico, aínda que conservou Estrasburgo. Por outra parte, Francia obtivo de España a parte occidental da illa de Santo Domingo, Pondicherry e Nova Escocia, mentres que España recuperou a Cataluña invadida polos franceses borbones (algo importante de cara á repercusión que tivo na guerra de Sucesión española) e as fortalezas de Mons, Luxemburgo e Courtai.
O Ducado de Lorena, que por moitos anos estivera en mans de Francia, foi restaurado a Leopoldo José, fillo de Carlos IV, Duque de Lorena. As Provincias Unidas conservarían algunhas das principais fortalezas no Países Baixos Españois (Belgica), incluíndo Namur e Ypres.