Arquímedes

Data de nacemento
0287[ac]
Data de defunción
0212[ac]
Biografía

Considerado como o científico e matemático máis importante da Idade Antiga e un dos máis grandes de toda a historia. O seu pai Fidias foi astrónomo e influíu de forma notable na súa educación. Algúns dos seus descubrimentos son o parafuso sen fin (ou de Arquímedes) utilizado para elevar auga, a polea composta, o torno, a roda dentada, o principio da hidrostática e a lei da panca. Durante o asedio dos romanos á cidade de Siracusa, construíu máquinas de guerra baseadas en pancas, catapultas e un sistema de espellos co que incendiou as naves romanas.