Data de nacemento
03/04/1870
Lugar de nacemento
Rubios (San Juan)
Data de defunción
1937
Lugar de defunción
Vigo (m)
Biografía
Tras unha etapa como fotógrafo en Mondariz, en 1890 abre estudio en Ourense na rúa do Progreso, no nº 73, hoxe entorno ao nº 91, amais de facer xiras por vilas e cidades de Galicia. Entre 1899 e 1905 comparte estudio con Jaime Pacheco na rúa de Alba, nº 18. A partir de 1905, e tras unha efémera estadía en Lugo, establécese en Vigo. Foi redactor de Vida Gallega dende a fundación da revista en 1909. En 1907 comezó a realizar filmes, sendo o autor da que pasa por ser a primeira película galega con argumento: Miss Ledya. En 1922 fundou a produtora Galicia Cinematográfica e, dende 1929, realizou o norticiario cinematográfico Revista de Galicia.