Fototipia Thomas

Biografía

Joseph Thomas i Bigas (Barcelona, 1852 - Berna (Suiza), 1910) funda en 1880 a Fototipia Thomas. Foi impresor de libros e revistas de arte, sendo en ocasións tamén editor.
A Fototipia Thomas anunciábase como empresa dedicada á realización de reproduccións artísticas con grandes talleres de heliograbado, fototipia, litografía e fotocromotipografía. Colaborou en libros e revistas de arte.
Outra das liñas de traballo sería desde 1901, a edición de tarxetas postais ilustradas con fotografías, que nun principio de temas locais. A partir de 1905, Thomas publica coleccións de tarxetas de distintos puntos da xeografía española. Vistas de cidades, paisaxes urbanas, grandes obras de enxeñaría, e o patrimonio histórico artístico. Á morte de Thomas seguiu funcionando co nome de Hijos de J. Thomas.Despois da Guerra Civil, a actividade empresarial decae, ata o peche nos anos sesenta.