Casanova, Sofía

Data de nacemento
30/09/1861
Lugar de nacemento
Coruña (A) (p)
Data de defunción
16/01/1958
Lugar de defunción

Polonia
Biografía

Foi unha xornalista, poeta e novelista, a primeira española que se converteu en correspondente permanente nun país estranxeiro e correspondente de guerra. Poeta recoñecida desde moi nova, practicou tamén tódolos xéneros literarios. Residiu en varios países debido á profesión diplomática da súa parella. Non obstante viaxaba tódolos veráns a Galicia e en 1905 volve fixa-la súa residencia en España. No ano seguinte ingresa como académica da Real Academia Galega. Durante a Primeira Guerra Mundial exerce como corresponsal para o xornal ABC cunha postura pacifista e entibélica. Nos anos seguintes é considerada para o premio Nobel de literatura. A Segunda Guerra Mundial cóllea en Polonia onde residirá protexida polo embaixador español. No estranxeiro falece case cega.