Cadro de devoción que representa a escena da crucifixión na que subsisten as tradicións góticas impoñéndose as formas renacentistas. A escena do cadro preséntase sobre un fondo arquitectónico puramente catrocentista de liñas definidas, pertencente á cidade de Xerusalén, mantendo un celaxe dorado no momento do ocaso, escurecido nas capas superiores. Na combinación rixe unha distribución xeométrica e ordenada dos personaxes de suaves modelados e contornos imprecisos, que reflicten a emoción en diferente grao. Preséntase a Cristo crucificado fronte ao espectador, con tres cravos, e coas pernas dispostas completamente rectas, coa cabeza, coroada de espiñas, inclinada sobre o ombro dereito. Aos seus pés María Magadalena axeonllada ao pé da cruz aludindo á redención do pecado. A Nai de Deus en actitude de recollemento, sobriamente dolorosa, vai ataviada cunha touca branca e unha túnica e manto escuros, coa cabeza baixa. Destaca a figura de San Xoán, asimiladora das máis puras formas do renacemento italiano, apreciándose no seu manto a particular forma de pregar as teas de Benson, sobre todo nas mangas, para dar calidade ao veludo.