Virxe co Neno

Virxe co Neno
Virxe co Neno
Comentario

Talla de factura popular, representando a Virxe de pé, sobre peaña circular, portando ao Neno en disposición diagonal, atendendo máis ao aspecto maternal que ao contido simbólico. Viste a Virxe túnica e manto, con pregues esquemáticos de caída paralela, enmarcando o seu rostro con touca e coroa. A policromía, en tons azuis e vermellos está moi perdida; o mesmo ocorre co dourado.