Cristo crucificado

Cristo crucificado
Cristo crucificado
Comentario

A obra compóñena tres pezas: base, cruz e a figura de Cristo que a súa vez está constituída polo corpo e cada un dos brazos. Fíxase a cruz mediante un espigo de madeira no abdome e tres espigos en mans e pés. A factura é moi basta con anatomía apenas precisada. Mostra anacronismo ao representar ao Cristo coroado, pero respondendo ao sinxelo pano de pureza e os tres cravos, a iconografía é gótica. Atopámonos ante un Cristo extinguido, de pálpebras pechadas e con sinais da Paixón destacados. Adiantamento posterior do INRI sobre o brazo maior da cruz.