Sen título (CE000404)

Sen título (CE000404)
Sen título (CE000404)
Comentario

Peza de xadrez. Figura masculina de vulto redondo. Ten un rostro xuvenil aparentemente imberbe, pero cun largo bigote e fina perilla. Leva un peculiar uniforme militar romano consistente en casco cónico, con rebordo exterior de reforzo na base, asas laterais a modo de enganches, das que penden sendas orelleiras ben trenzadas, susceptibles de seren atadas baixo o papo, para protexe-lo colo e con coiraza de escote cadrado cinguida por cinto sogueado á altura do estómago, rematada nun faldellín atablonado. Debaixo deste percíbese unha túnica curta. O brazo esquerdo dóbrase para apoiar no ventre a man estendida e o brazo dereito bota a man á empuñadura dun puñal enfundado, en posición de parada militar. Leva grevas voltas nas pernas, flexionando á dereita para apoiala nun casco en forma de tiara. Vai calzado con sandalias.