Sen título (CE000457)

Sen título (CE000457)
Sen título (CE000457)
Comentario

A peza non conservou a parte do extremo proximal, polo que as súas características xerais só se poden describir parcialmente. A morfoloxía xeral da peza é de tendencia trapezoidal, con seccións laterais elipsoides, e cara parcialmente recta, irregular e con rebaixes laterais convexos moi pronunciados. Os lados do machado son lixeiramente convexos, con arestas converxentes asimétricas. No caso da zona activa e o fío a forma é convexa-simétrica, inda que ambas sexan lixeiramente asimétricas. Na zona proximal presenta un levantamento concoidal orientado de maneira paralela ao eixo da peza, que podería ser parte da preparación para o enmangue desta, coincidindo co maior aplanamento desta mesma cara. As alteracións que presenta son unha pátina de envellecemento e unhas fisuras no gume que nos leva a falar dun corte cun patente desgaste. A superficie é opaca, e está puída integramente, amosando un brillo sedoso, xunto cunha textura fibrosa e veada con cores de tonalidades diversas (granates, salmón, cincento e branca).