Sen título (CE000486)

Sen título (CE000486)
Sen título (CE000486)
Comentario

A morfoloxía xeral é rectangular cunha zona activa convexo-asimétrica, as caras son lixeiramente sinuosas (unha recta e outra convexa), os lados son rectos (inda que levemente alombados) e as arestas paralelas son rectas. No que atangue aos extremos, a parte distal amosa un fío desenrolado (tendente a circular), mentres que o extremo oposto presenta un talón recto irregular tanto na vista frontal como na lateral. Na peza tamén se observan alteracións, como un macrodesgaste propio da acción mecánica no seu uso, así como un desgaste propio da manipulación postdeposicional que se evidencian en forma de rabuños. Esta última afección facilita a observación da cor natural da materia prima baixo a pátina de envellecemento. Esta superficie é opaca e, salvo nas dúas caras e no talón que é parcial, o puído ten unha extensión moi regular que amosa un brillo sedoso xunto cunha textura fibrosa de cores escuras (azul, cincenta e marrón escura). A diferente morfoloxía das caras podería estar en relación co tipo de mango, é dicir coa función, a ergonomía e a cinemática do machado.