A peza non conservou unha pequena parte da súa morfoloxía (o talón), mais isto non impide describir a morfoloxía xeral que é fusiforme cunha zona activa tipo gubia, a sección lateral redondeada e achatada na cara inferior, as caras asimétricas (unha recta e outra convexa), os lados convexos e as arestas paralelas curvas. No que atinxe aos extremos da peza, a parte distal amosa un fío convexo simétrico e afuracado, namentres que no extremo oposto, pese a presentar o talón fracturado, este ten traza de ser apuntada. Nesta gubia, alén da mencionada alteración do talón, apenas se evidencia un macrodesgaste importante derivado da acción mecánica no seu uso, ou da manipulación postdeposicional. No que concirne ao aspecto da peza, obsérvase unha superficie opaca cun puído ten unha extensión moi regular que amosa un brillo sedoso xunto cunha textura fibrosa de cores escuras (azul, cincenta e marrón). A diferente morfoloxía das caras podería estar en relación coa función e a ergonomía da peza.