Sen título (CE000496)

Sen título (CE000496)
Sen título (CE000496)
Comentario

A morfoloxía xeral da peza é fusiforme cunha zona activa aplanada, sección lateral elíptica, caras convexas, lados lineais e arestas paralelas asimétricas. No que atangue aos extremos da peza, as microfracturas, posiblemente accidentais, só permiten describir un fío convexo simétrico na parte distal, e un talón apuntado na proximal, con maior agudeza na vista frontal. A conservación da peza, alén das mencionadas alteracións nos extremos, non evidencia un macrodesgaste importante derivado da acción mecánica no seu uso. Non obstante é interesante facer referencia a dous trazos accidentais que mostra na parte perimetral do centro da peza, con perda de material. No ámbito do traballo das superficies presenta un trazo inciso intencional e puído no seu interior (vista ao microscopio), que se prolonga lonxitudinalmente nunha das caras da metade proximal, ademais o binocular permite evidenciar trazos orientados na mesma dirección, este microdesgaste derivaría da fase final do proceso de abrasión. O resultado final amosa unha superficie opaca cun puído moi fino e unha extensión moi regular sobre unha textura fibrosa de cores escuras (azul, cincenta e marrón) que deixa ver un brillo broncíneo. Finalmente, engadir que a diferente morfoloxía das caras podería estar en relación coa función da peza.