Cruz composta por plancha de bronce, recubrindo unha alma de madeira. Os brazos, cuxa silueta aparece bordeada por pequenas potencias, presentan remate romboidal. A decoración é plana e moi densa, de tipo plateresco, con motivos vexetais en candeleiro e medallóns circulares con cabezas de querubíns nos extremos dos brazos. O Cristo crucificado presenta unha marcada anatomía e está cinguido polo pano de pureza. A macolla, esférica, está compartimentada por un ancho friso central e dividida en seccións e ocupada por relevos con decoración vexetal moi movida a base de róleos e talos "a candelieri".