Placa de bronce circular, coa parte traseira plana, con diversas trazas incisas e con aleta sobresaínte en vertical e unha perforación circular. Na fronte, en oco, un castelo de tres torres con porta e fiestra de arcos apuntados e merlóns lanceolados, sobre unha ponte de tres ollos con arcos de medio punto con imposta, o central de máis luz, e lenda.
Trátase da matriz do selo municipal do Concello de Allariz.