Sen título (CE001161)

Sen título (CE001161)
Sen título (CE001161)
Comentario

Fragmento da zona inferior do corpo e da base dun recipiente, posiblemente un cunco hemisférico pechado. A parte conservada é convexa. Carece de decoración. A pasta é bastante homoxénea e pouco compacta, con desgraxante de seixo e mica de tamaño fino-medio, sendo de cor cincenta no corte, cincenta clara na interior e avermellada clara na superficie exterior. As superficies exterior e interior están alisadas. A técnica de cocción é posiblemente redutora.