Sen título (CE001162)

Sen título (CE001162)
Sen título (CE001162)
Comentario

Fragmento de asa dun recipiente semiesférico -forma convexa- e con sección aplanada. A pasta presenta unha cor gris escura, con textura semicompacta e homoxénea, con desgraxantes de tamaño medio. As superficies móstranse alisadas e cunha cor gris clara. Amosa unha decoración na franxa central do seu eixo lonxitudinal a base de trazos incisos oblicuos concéntricos. Aparentemente, os motivos decorativos serían do tipo "folla de acacia".