Sen título (CE001163)

Sen título (CE001163)
Sen título (CE001163)
Comentario

Fragmento de asa dun recipiente. A asa ten unha morfoloxía convexa e de sección arqueada. A textura da pasta é compacta e homoxénea, de cores vermellada/cincenta/ocre, e presenta desgraxantes de tamaño medio/fino. As superficies interior e exterior están alisadas, e alternan as cores avermellada/ocre. A decoración representada componse de seis incisións horizontais, colocadas transversalmente con respecto ao eixo lonxitudinal da peza.