Antonio Canova

Data de nacemento
1757
Lugar de nacemento
Italia
Data de defunción
1822
Biografía

Escultor italiano. A causa das súas modestas orixes familiares, non puido realizar estudos artísticos e comezou practicando outros oficios. En 1768, a raíz do seu traslado a Venecia, empezou a dedicarse á escultura e rapidamente alcanzou unha fama e un prestixio que mantivo durante toda a súa vida.
No seu estudo romano despregou unha enorme actividade para poder atender todos os encargos que recibía das máis destacadas personalidades do momento, dende Napoleón ata Catalina la Grande de Rusia. Era xa por entón o principal escultor do estilo neoclásico, condición coa que se perpetuou a súa figura na historia da arte.

Alcibíades

Data de nacemento
0450[ac]
Data de defunción
0404[ac]
Lugar de defunción

Atenas
Biografía

Estadista ateniense importante, orador e xeneral

Otto IV de Baviera

Data de nacemento
03/01/1307
Data de defunción
14/12/1334
Lugar de defunción

Alemania
Biografía

Foi duque da Baixa Baviera dende 1310 ata 1334 actuando como co-rexente do seu irmán Enrique XIV e o seu primo Henry XV

Antinoo

Data de defunción
0130
Biografía

Antinoo naceu en Claudiopolis (Bitinia) e probablemente coñeceu a Adriano no ano 123 d.C, durante o transcurso dunha das súas viaxes, xa que o emperador visitou esa cidade despois de ser asolada por un terremoto.
Este quedou fascinado da súa beleza "grega" e pronto adoptouno como o seu favorito. Dende o primeiro momento, Antinoo acompañou a Adriano en toda-las súas viaxes, pero no transcurso do ano 130 d.C, durante unha visita a Exipto, pereceu afogado nunha viaxe ao longo do río Nilo.
Adriano chorou longamente a súa perda e honrou a súa memoria en exceso, deificou o seu mozo amante e mandou construír templos para a súa adoración, fundou unha cidade no seu nome (Antinoopolis en Exipto) e instou a que numerosa cidades a que cuñasen moeda coa imaxe de Antinoo. Non obstante en Roma non estaba ben vista esta unión e nunca se chegaría a emitir moeda imperial no seu nome, polo que toda a amonedación de Antinoo é provincial.

Mausoleo de Halicarnaso

Biografía

Tumba monumental de mármore branco, considerada unha das Sete Marabillas do Mundo Antigo. Foi construída en honor a Mausolo (en grego - Maúslos), rei de Caria. O proxecto foi concibido por Artemisia II de Fuste, a súa esposa e irmá. A construción foi comezado durante o reinado de Mausolo e foi rematado ao redor de 350 a.C, tres anos despois da morte de Mausolo e un ano despois do falecemento de Artemisia. A construción desta monumental tumba foi encargada aos arquitectos Sátiros e Piteos, os cales construíron unha estrutura rectangular de 30 por 40 m, sobre ela 117 columnas xónicas en dúas fileiras sostendo o teito en forma de pirámide graduada, e sobre este último a estatua dunha cuadriga coas efixies do rei e a raíña, alcanzando en conxunto uns 50 m de altura. Para completar esta marabilla, os mellores escultores gregos da época tallaron figuras e relevos na súa estrutura. O número total de estatuas ascendeu a 444, aproximadamente. Culminaba cunha estatua dun carro e catro cabalos. A estatua superior e algún friso salvouse, hoxe pódese admirar no Museo Británico en Londres.
Soportou as invasións e destrución da cidade por parte de Alejandro Magno, os bárbaros e os árabes, pero, finalmente, foi destruído por un terremoto no ano 1404.

Homero

Biografía

Poeta e rapsoda grego antigo ao que tradicionalmente se lle atribúe a autoría das principais poesías épicas gregas - a Ilíada e a Odisea-.

Atentado a Napoleón

Data de nacemento
24/12/1800
Biografía

O 24 de decembro de 1800 algúns realistas fan un atentado con bomba en París que fan estalar ao paso da carroza de Napoleón ao seu paso pola rúa de San Nicasio da cal sae ileso. Agora deberá gardarse daqueles "amigos" que comezaron a chamalo tirano.

François Marie Voltaire

Data de nacemento
21/11/1694
Lugar de nacemento
París
Data de defunción
30/05/1778
Lugar de defunción

París
Biografía

Foi un escritor e filósofo francés que figura como un dos principais representantes da Ilustración, un período que resaltou o poder da razón humana, da ciencia e o respecto cara á humanidade. En 1746 Voltaire foi elixido membro da Academia francesa.