Xeómetra italiano de orixe grega. Monxe beneditino e grande erudito, destacou particularmente no estudo da xeometría e da óptica. Traduciu ao latín as obras de Euclides, Arquímedes e otrosy levou a cabo traballos sobre o prisma, os espellos esféricos, a cámara escura e os fenómenos de refracción. Elaborou un tratado sobre as curvas como seccións planas do cono e aplicou o método de indución. Destacan as súas obras Gnomonica (1553) e Arithmeticorum libri duo (1557).