Dassier, Jean

Data de nacemento
1676
Data de defunción
1763
Biografía

Altamente considerado polas súas habilidades artísticas, Jean Dassier foi un membro dunha familia suíza de notorios medallistas. Estudiou en París baixo a supervisión de Jean Manger e Joseph Roettier. Despois estivo como asistente gravador en Xenebra, chegando a asumir a posición de xefe de gravadores. Realizóu a emisión de varias series de medallas, incluíndo unha serie de jetons e tamén unha serie de medallas representando a importantes homes e mulleres de Francia do século XVIII, outra representando ós principais protagonistas da reforma protestante, medallas que ilustran a historia de Xenebra, e tamén unha serie de homes ingleses famosos (The Bristish Worthies), así como outra sobre soberanos ingleses que van dende Guillermo I até Jorge II. Xunto có seu fillo Jacques-Antoine Dassier (1715-1759) publicóu unha serie de pequenas medallas que ilustran a historia de Roma. O historiador Forrer afirma que Jean Dassier "pode ser considerado un dos maíores medallistas do século XVIII".

Oliver Cromwell

Data de nacemento
25/04/1599
Data de defunción
03/09/1658
Lugar de defunción

Londres

Batalla naval de Málaga

Data de nacemento
24/08/1704
Biografía

A escuadra hispano-francesa de Levante, a quen lle fora encomendado o rescate de Xibraltar e bater os ingleses, conectou co almirante Rooke á altura de Málaga. O encontro foi inevitable; á mañá do 24 de Agosto, domingo, íase desenvolver a máis importante e espectacular batalla naval de toda a guerra. As tropas francesas falan da paridade de forzas, as inglesas fan moi superior o número de navios franceses. O certo é que o combate se iniciou a media mañá, prolongándose durante 13 horas e ocasionando graves perdidas en ambos os dous bandos, aínda que ningún buque por ambas as dúas partes, resultase afundido.O propio conde de Toulouse, xefe da frota hispano-francesa, resultou ferido. Ambas as dúas escuadras consideráronse vencedoras e retiráronse á mañá seguinte, destinándose unha parte destas a apoiar a acción dos seus respectivos exércitos que en terra se dispoñían ao ataque e defensa de Xibraltar respectivamente. Esta sería xa a última ocasión en que os franceses levarían a iniciativa de ao campaña na súa disputa cos ingleses sobre o dominio naval do Mediterráneo.

María de Médicis

Data de nacemento
26/04/1575
Data de defunción
03/07/1642
Biografía

Raíña da Francia. Filla do gran duque de Toscana, en 1600 casou con Enrique IV rey de Francia. Tralo asasinato do monarca, María asumíu a rexencia (1600-1610) atá que seu fillo Luis XIII conquerira a maioría de idade.

Otto III de Baviera

Biografía

O duque Oton III, que foi elexido rey de Hungría, a dinastía Wittelsbach veu para desactivar o Sacro Imperio Romano, por primeira vez. Foi o creador da Real Orde militar de San Jorge.

Gian Lorenzo Bernini

Data de nacemento
1598
Data de defunción
1680
Lugar de defunción

Roma
Biografía

Foi un dos máis fieis intérpretes da arte contrarreformista e da renovación católica romana, a súa visión artística é escenográfica e teatral. Son fundamentais as súas achegas ó nacemento da arte barroca. Entre as obras máis coñecidas de Bernini están as fontes de Roma.

Bernini, Gian Lorenzo

Data de nacemento
1598
Data de defunción
1680
Lugar de defunción

Roma
Biografía

Foi un dos máis fieis intérpretes da arte contrarreformista e da renovación católica romana, a súa visión artística é escenográfica e teatral. Son fundamentais as súas achegas ó nacemento da arte barroca. Entre as obras máis coñecidas de Bernini están as fontes de Roma.