Marco Salvio Otón

Data de nacemento
0032
Data de defunción
16/04/0069
Biografía

Otón foi nomeado emperador despois de ser asasinado Servio Sulpicio Galba no ano 69, permanecendo no cargo de xaneiro a abril do mesmo ano. Fora gobernador da provincia da Lusitania e acompañara a Galba na sua rebelión en contra do despotismo de Nerón.

Tomás de Aquino

Data de nacemento
28/06/1225
Data de defunción
07/06/1274
Biografía

Filósofo e teólogo italiano, ás veces chamado " Doutor Angelic" e o "Príncipe dos escolásticos", cuxas obras fixeron del o máis importante dos autores de teoloxía. Autor da "Summa Theológica". Foi canonizado o 18 de Xuño de 1323.

Herman Boerhaave

Data de nacemento
31/12/1668
Data de defunción
23/09/1738
Biografía

Botánico e médico holandés. Considerado como unha das figuras máis notables da medicina europea, ocupou diversas cátedras na Universidade de Leiden. A súa doutrina intenta combinar as concepcións clásicas coas teorías patolóxicas aparecidas no século XVII. Destacan os seus Aforismos para coñecer e curar as enfermidades segundo as doutrinas médicas (1709), obra traducida a varios idiomas. A súa principal realización foi o demostrar a relación dos síntomas das lesións.

Barré, Jean Jacques

Data de nacemento
03/08/1793
Lugar de nacemento
París
Data de defunción
10/06/1855
Lugar de defunción

París
Biografía

Gravador da Monnaie en París entre 1842 e 1855. Dende os anos 1840 até 1855 creou os debuxos da serie de Napoleón III serie.

Durand, Améede Pierre

Data de nacemento
1789
Data de defunción
1873
Biografía

Editor francés de la "Serie Numismática Universal Virorum Illustrium", formada por un grupo de 22 medallas de personaxes ilustres, escritores, científicos, políticos, etc, realizadas en bronce e producidas por Durand entre 1818 e 1846.

William Shakespeare

Data de nacemento
26/04/1564
Data de defunción
03/05/1616
Biografía

Dramaturgo, poeta e actor Inglés

Jean Jacques Rousseau

Data de nacemento
28/06/1712
Data de defunción
02/07/1778
Biografía

Nace en Xenebra e morre en Ermenonville, Francia. Foi un escritor, filósofo e músico. As ideas políticas de Rousseau inflúen na Revolución Francesa.