Mª Luisa de Austria

Data de nacemento
12/12/1791
Lugar de nacemento
Viena
Data de defunción
17/12/1847
Biografía

Filla do emperador Francisco I de Austria. En 1810 casa con Napoleón Bonaparte. Morre en Parma (Italia)

Batalla de Borodinó

Data de nacemento
07/09/1812
Biografía

A Batalla de Borodinó tivo lugar o 7 de setembro de 1812 (26 de agosto segundo o antigo calendario ruso). É coñecida tamén como a Batalla do río Moscova, e foi a maior e máis sanguenta batalla de todas as Guerras Napoleónicas, enfrontando preto dun cuarto de millón de homes.
Esta batalla enfrontou á Grande Armée francesa baixo o mando de Napoleón I de Francia e ao exército de Alexandro I de Rusia, comandado por Mijaíl Kutúzov, preto da aldea de Borodino, un pobo ao oeste de Mozhaysk. A batalla foi tacticamente pouco concluínte para ambos os dous exércitos, e só as consideracións estratéxicas desta forzaron aos rusos a retirarse. A conduta de Napoleón durante a batalla tamén mostrou que as súas decisións tácticas trataban de impedir unha vitoria pírrica. O Emperador francés sufría ademais de febres durante o transcurso da batalla, o que se traduciu nun pouco característico afastamento dos combates, así como por un plan de batalla máis simple do habitual. A retirada rusa abríu ós franceses o camiño para chegar até Moscú, o 14 de septembro de 1812, aínda que a captura desta proporcionóu aos franceses poucos beneficios.

Jeuffroy, Romain-Vicent

Data de nacemento
16/07/1749
Data de defunción
02/08/1826
Biografía

Tallador de pedras preciosas e medallísta. As súas contribucións á serie de medallas napoleónicas organizada polo barón Vivant Denon en 1804-15 incluíron as medallas da invasión de Inglaterra (1804), a coroación de Napoleón en París (1804), a Batalla de Sommo-Sierra (1808) e a Batalla de Moscú (1812).

Federico Augusto I

Data de nacemento
06/08/1806
Data de defunción
05/05/1827
Biografía

Foi tamén nomeado Duque de Varsovia cargo ocupado entre 1807 e 1815. Considerado como un dos aliados máis fieis de Napoleón.

Carolina de Baden

Data de nacemento
13/07/1776
Data de defunción
13/11/1841
Biografía

Princesa alemá, procedente da familia Zähringen, era filla de Carlos Luis, príncipe herdeiro de Baden, e de Amelia de Hesse-Darmstadt. Os seus avós foron Carlos Federico, margrave de Baden, e Luis IX, landgrave de Hesse-Darmstadt. O 9 de marzo de 1797, Carolina casouse en Karlsruhe con Maximiliano, duque palatino que, dous anos despois será Príncipe Elector de Baviera.

Maximiliano I de Baviera

Data de nacemento
27/05/1756
Data de defunción
13/10/1825
Biografía

As súas simpatías por Francia e as ideas da ilustración caracterizaron o seu goberno dende o principio. En política exterior, ata 1813 Maximiliano foi o principal aliado alemán de Napoleón. Considerado o máis importante dos príncipes que formaban a Confederación do Rhin e permaneceu xunto a Napoleón ata a batalla de Leipzig, cando se decidiu a asinar o Tratado de Ried (1813) que garantía a integridade do seu reino a cambio de abandonar ao emperador francés e unirse aos aliados.
Casóu en segundas núpcias (9 de marzo de 1797) con Carolina de Baden, filla do Príncipe herdeiro Carlos Luis de Baden.

Paulina Bonaparte

Data de nacemento
20/10/1780
Data de defunción
09/06/1825
Biografía

Irmá menor de Napoleón Bonaparte. Casóu co Príncipe Camillo Borghese, un dos homes máis ricos de Europa, o 6 de novembro de 1803. Cando viudou vendeu parte da colección familiar a Napoleón para o Louvre, o que supuxo unha seria mingua para a actual Galería Borghese.Paulina posaría nua para a famosa escultura de Venus Borghese de Antonio Canova.

Charles-François Lebrun

Data de nacemento
19/03/1739
Data de defunción
16/06/1824
Biografía

Avogado e político. Foi designado como Terceiro Consul, cargo no que tomou parte activa na reorganización das finanzas e da administración dos departamentos en Francia. En 1804 foi nomeado tesoreiro das arcas do Imperio, e en 1805-06 como gobernador xeral de Liguria trala súa anexión a Francia.