Carballo Álvarez, Miguel
1967- Primeiros pasos na pintura na "Academia Arte" da rúa Concello (Ourense)
1969- Trasládase a Madrid onde reside e se prepara intensamente como artista de
xeito autodidacta. Comparte estudo e vivenda con outros artistas galegos,
membros do GRUPO BRAIS PINTO.
1973-1974- Volve a Ourense para cumprir o servicio militar. Monta un estudio
individual na rúa Libertá.
1976-1984- Traballa como dibuxante de arqueoloxía no Museo Arqueolóxico
Provincial de Ourense, debuxando ademais de para este para outros museos de
Galicia.
1979- Monta na praza de San Martiño un taller con outros artistas da súa xeración.
1984- Realiza a escenografía para a obra de teatro "OLLO O PIOLLO KING
KONG" do grupo de teatro Caritel en colaboración co Centro Dramático Galego.
1985- Despois dalgún tempo en París, Niza e Barcelona volve a Galicia e fixa a
súa residencia na aldea de Tamallancos (Ourense).
1986- Coñece a pintora grega Sula Repani en Barcelona ca que na actualidade
sigue vivindo e traballando. Nos años 1987 e 1998 realizaron os dous un mosaico
nunha praza pública en Galicia e importantes conxuntos de vitrales para casas
particulares.
1987- Monta con Sula Repani unha galería de arte que que relaciona entre si a
un núcleo de Artistas veciños, a cal manteñen aberta ata o ano 2000.