Relixioso dominico; estudou na súa vila natal gramática e humanidades, logo proseguiu en Salamanca dereito civil e canónico. Manifestou a súa vocación sacerdotal entrando de novizo no convento de Santo Domingo no que profesou en 1598. Foi completar a súa formación ao Colexio de San Gregorio de Valladolid, onde recibe o grao de mestre de Sagrada Teoloxía. Desempeñou o cargo de Cátedra de Teoloxía na Universidade de Valladolid, cargo do que foi apartado para exercer de predicador de misións por terras de Castilla e Galicia. Felipe III ofrécelle dous bispados que rexeita; Paulo V noméalle consultor xeral do San Oficio, cargo no que deberon conservarlle os seus sucesores Gregorio XV e Urbano VII, polo menos ata que enfermou, ancián e cego retirarase, cunha pensión de Felipe III, ao convento de dominicos da Minerva, de Roma, onde falece.