Jean Jacques Régis de Cambacérès

Data de nacemento
18/10/1753
Data de defunción
08/03/1824
Lugar de defunción

París
Biografía

Avogado do Estado. Desde 1789 participou activamente na Revolución Francesa. En decembro de 1799, foi nomeado Segundo Cônsul da República por un período de dez anos. O seu traballo máis importante durante este período foi a elaboración dun novo Código Civil, máis tarde chamado o Código Napoleônico, coñecido como o primeiro código xurídico moderno.

Ptolomeo I Sóter

Data de nacemento
0367[ac]
Data de defunción
0283[ac]
Biografía

Rei de Exipto (305 a. C.- 285 a. C.) e fundador da dinastia Ptolemaica, tamén coñecida como "Lágida".

Cayo Julio César

Data de nacemento
13/07/0100[ac]
Lugar de nacemento
Roma
Data de defunción
15/03/0044[ac]
Lugar de defunción

Roma
Biografía

O máis destacado lider militar e político da era tardo repúblicana

Lucio Septimio Severo

Data de nacemento
11/04/0146
Data de defunción
04/02/0211
Biografía

Emperador do 193 ate 211. Fundou a Dinastía dos Severos. Militarmente o seu reinado caracterizouse pola exitosa guerra que levou a cabo contra o Imperio Parto, consecuencia da cal Mesopotamia volveu caer baixo control romano. As súas relacións co Senado nunca foron boas, pois se fixera especialmente impopular entre os senadores ao acoutar o seu poder con apoio do exército. Ordenou executar ducias de senadores baixo acusacións de corrupción e conspiración, e substituíunos por homes fieis á súa causa. Aínda que as súas ansias de poder converteron a Roma nunha ditadura militar, Septimio Severo foi moi popular entre a poboación debido a que restableceu a moral tras os anos decandentes do gobiernio de Cómodo e conseguiu conter a corrupción que se instalara en todas as ordes.

Lucio Aelio Vero

Data de nacemento
03/01/0101
Data de defunción
01/01/0138
Biografía

Nobre romano da etapa altoimperial, adoptado polo emperador Adriano e designado como o seu sucesor, se ben nunca accedeu ao trono xa que morreu antes que o propio Adriano. Despois da súa morte, Adriano adoptou a Antonino Pío, coa condición de que este adoptase á súa vez o fillo de Aelio, Lucio Vero, e o sobriño político de Adriano, Marco Aurelio. Ambos os dous foron máis tarde ca o-emperadores, dende 161 ata 169, momento da morte de Vero, tras o cal Marco Aurelio quedou como único emperador ata a súa morte no 180.

Servio Sulpicio Galba

Data de nacemento
04/12/0003[ac]
Data de defunción
15/01/0069
Lugar de defunción

Roma
Biografía

Emperador dende o 8 de xuño de 68 ata a súa morte o 15 de xaneiro de 69. Foi pretor (20), cónsul (33), gobernador de Xermania e procónsul en África (45-46).Gobernador da Tarraconense en 60.
En 68, apoiado por Otón (gobernador de Lusitania) secundou unha revolta contra Nerón e foi nomeado emperador polo senado. Labrouse unha reputación de avaro e ambicioso, debido ás impopulares medidas que aprobou co fin de restaurar os fondos estatais esquilmados por Nerón.
Galba foi asasinado tras uns escasos 7 meses de goberno nun complot organizado por Oton xunto coa Garda Pretoriana, indignado con este por non o designar como herdeiro.