Sacerdote, profesor e doutor en filosofia e letras. As súas mellores achegas, producíronse no campo da arqueoloxía, historia, a súa gran colección de moedas, e os amplos coñecementos que sobre elas tiña, convertéronlle nun referente Numismática na súa época. Atribúllese ser o impulsor definitivo da "Comisión Provincial de Monumentos de Ourense", ao comezar a edición do "Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense", nos meses de marzo-abril de 1898, para iso habemos de sinalar que contou coa colaboración de grandes intelectuais, como Arturo Vázquez Núñez, Benito Fernández Alonso e Nicolas Tenorio, aos poucos fóronse incorporando as colaboracións da práctica totalidade de personalidades da chamada "Atenas de Galicia", Manuel Mártinez Sueiro, Fermín Bouza Brey Trillo, Otero Pedrayo, Risco, Xocas, Cuevillas, etc.