Soriano Montagut, Inocencio

Data de nacemento
1893
Lugar de nacemento
Tarragona (p)
Biografía

Foi profesor da Escola de Artes e Oficios de Salamanca e da Lonxa de Barcelona. Ocupou a Cátedra de Modelado da Escola Superior de Belas Artes de Barcelona dende 1951 ata a súa xubilación en 1970.

Morillo, Pablo

Data de nacemento
1775
Data de defunción
1837
Biografía

Militar español que loitou na guerra da Independencia. Será un dos comandantes destacados da vitoria española na Batalla de Puentesampayo (7-8 de xuño de 1809).

Bartolomé y Montejo, Nicolás

Biografía

Gravador da Ceca de Segovia. A súa producción de desigual calidade representa un retraemento debido á situación política da primeira metade do século XIX.

González Sepúlveda, Mariano

Data de nacemento
1774
Lugar de nacemento
Madrid
Data de defunción
1842
Lugar de defunción

Madrid
Biografía

Fillo de Pedro González de Sepúlveda, gravador xeral de moeda. En 1793 foi premiado pola Academía de San Fernando e ó ano seguinte nomeado académico de número. Pensionado en París, coñece o sistema Droz de cuñación que introducirá en Madrid ó seu regreso en 1804. Desempeñou ó longo da súa vida numerosos cargos, consolidándose como un dos máximos expoñentes da medallística española deste momento.