Feu, Hnos.
Biografía
Fabricantes de medallas en Barcelona e con posterioridade tamén en Madrid. Casa fundada en 1825 por Pelegri Feu. Cando se equipou con maquinaria realiza pezas acuñadas, botóns e armas brancas para o exercito. En 1850 abre novas fábricas en Barcelona e Madrid que rexentan os seus fillos José e Juan Bautista. Melloraron os equipamentos primeiro con máquinas de vapor e logo con motores eléctricos e foron pioneiros en fabricación propia nun tempo en que se importaban as medallas sobre todo de Francia. A fábrica de Barcelona pasa a especializarse na realización de botóns e a de Madrid en medallas ata fins de 1998 en que cesa despois de catro xeracións de empresarios. Firma: P. FEU e FILLOS, J. FEU, J. FEU EDITOR