Leopoldo O´Donnell Joris

Data de defunción
05/11/1867
Lugar de defunción

Francia
Biografía

Do seu goberno cabe destacar a rápida expansión das liñas de ferrocarril, ademais da guerra contra Marrocos (Guerra de Africa), guerra de relevada importancia ao devolver aos españois o patriotismo ansiado polo Duque de Tetuán. En 1865, as protestas estudantis (polo cesamento de Emilio Castelar) e a sanguenta represión polo goberno (Noite de San Daniel) levan de novo a O´Donnell á presidencia do Goberno e ao ministerio da Guerra. Tras a sublevación de sarxentos de San Gil, o 22 de xuño de 1866, e enfrontado con Isabel II, deixa o seu cargo e marcha a Biarritz onde morre.
Anecdotario:
Tras a Guerra de África, faise acampar ao exército vitorioso nun descampado ao norte de Madrid, mentres se fan os preparativos para unha entrada triunfal na capital, que nunca sucedeu. Arredor do campamento -que de provisional se ía convertindo en permanente- fóronse instalando comerciantes e creouse o barrio coñecido ata hoxe como Tetuán de la "Victoria".

Sala, Francisco

Biografía

Medallista catalán, escultor, gravador e esmaltador. Traballou en Madrid e Barcelona. Xunto con outros escultores senta as bases para os cambios artísticos que teñen lugar en Barcelona a finais do século XIX.

Larrosa Sorli, Facundo

Data de nacemento
1819
Data de defunción
1888
Biografía

Gravador de estampas e medallas, foi profesor da clase de gravado da Academia de San Carlos de Valencia.

Ruíz de Arellano

Biografía

Forma parte dun grupo de gravadores formados na Casa da Moeda sevillana. Traballa en Granada. A súa producción de calidade variable responde ó gusto provincial. Autor da medalla da Exposición pública celebrada en Granada en 1862

Gordillo, Francisco

Biografía

Axudante gravador na Casa da Moeda de Sevilla dende 1774 ata 1789, ano en que se trasladou a Madrid. En 1801 foi nomeado gravador principal da Casa de México.