Gatteaux, Edouard

Data de nacemento
1788
Data de defunción
1881
Biografía

Fillo de Nicolás Gatteaux. Gravador pensionado en Roma en 1809.

Prieto, Tomás Francisco

Data de nacemento
1716
Lugar de nacemento
Salamanca
Data de defunción
1782
Lugar de defunción

Madrid
Biografía

Discípulo en Salamanca de Lorenzo Montemán, fabricante de caixas de tabacos, de quen herdou pautas de estética barroca. Trasladouse a Madrid en 1747 a continuar os seus estudios, chegando a ser Director da Academía de San Fernando en 1752 e gravador xeral de tódalas Casas da Moeda de España e Indias. A súa obra proporciona as pautas da medalla ilustrada en España, contando en todo momento co apoio real. Os exemplos de retratos reais, especialmente numerosos os de Carlos III, ofrecen unha conxunción de realismo e simbolismo adicados a exaltar os logros estatais. A súa obra supón a consolidación da medalla na arte oficial e cortesá, e a súa expansión fora do ámbito madrileño a través dos seus discípulos.

Gerbier, Louis Adolphe

Lugar de nacemento
París
Biografía

Discípulo de M. Le Saché. Xunto a outros autores franceses é artífice da medalla oficial española que se realiza en Francia como consecuencia da crisis xeral e da influencia liberal na corte de Mª Cristina.

Arnau y Mascort, Eusebio

Data de nacemento
1863
Lugar de nacemento
Barcelona (m)
Data de defunción
1933
Lugar de defunción

Barcelona (m)
Biografía

Escultor e decorador formado na Escola de Belas Artes de Barcelona, amplía os seus estudios en Roma, Florencia, Bruxelas e París. Máximo representante da medalla plenamente modernista, foi mestre de Pablo Gargallo. Nas Exposicións Nacionais de Belas Artes obtén mención honorífica en 1899 e terceira medalla en 1912, ambas en escultura. En 1908 acada a primeira medalla na sección de arte decorativa