Vallmitjana i Colominas, Julio

Biografía

Sobriño dos coñecidos escultores Agapito e Venancio, compaxionou o seu oficio de ourive e editor de medallas, coa súa dedicación á pintura e máis tarde á literatura. Herdou o obradoiro familiar de Gracia na rúa San Antonio 4, que rexentou dende a morte do seu pai. Estreitamente vinculado á medalla oficial ou paraoficial. Representante da sociedade industrial barcelonesa de 1900, onde é común un forte compoñente artesán tradicional

Fernández

Biografía

Gravador de finais do século XIX, asina a medalla de premio ó mérito da Escola de Pintura, Escultura e Gravado de San Fernando. Autor de difícil identificación, traballa con distintos gravadores da Casa da Moeda.

Casto Méndez Núñez

Data de nacemento
1824
Lugar de nacemento
Vigo (m)
Data de defunción
1867
Biografía

Ilustre marino, nacido en Vigo, no seo dunha distinguida familia de fonda tradición militar. En 1840 inicia a súa carreira naval, na que logra numerosas xestas heroicas como as accións do Joló e a memorable batalla do Callao. Morre a consecuencia das feridas sufridas a bordo da fragata Numancia, dous anos máis tarde, en 1869

Piquer, C.

Biografía

Gravador barcelonés, representante dunha tendencia estilística que supón a pervivencia das pautas do eclecticismo artesanal, dentro da medalla catalana de finais do século XIX.