Arqueoloxía en monodose: "Sima do Elefante (Atapuerca) e o primeiro poboamento de Europa"

O luns 14 de abril, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, Xose Pedro Rodríguez Álvarez e Arturo de Lombera Hermida guiáronnos nunha viaxe aos orixes do poboamento humano de Europa a través da Sima del Elefante (Atapuerca). Este xacemento, parte dun conxunto arqueolóxico excepcional, conserva ferramentas líticas e restos de fauna e homínidos que abarcan máis dun millón de anos. Na capa TE7 identificouse un fósil humano atribuído a Homo affinis erectus, con trazos máis primitivos ca Homo antecessor, o que engade un novo exemplar humano, e xa van cinco, neste xacemento.

Extracción arqueolóxica dunha cáliga romana

Neste vídeo, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, en colaboración co equipo de escavación de Aquae Querquenae baixo a dirección de Santiago Ferrer Sierra, documenta o proceso de extracción dunha caligae no Campamento Romano. Un traballo minucioso que permite recuperar e estudar este testemuño material da presenza militar romana en Galicia.

 

 

 

Suspensión das vistas guiadas o xoves 6 de marzo

📢 Aviso importante

O xoves 6 de marzo non se realizarán visitas guiadas por cuestións técnicas. Non obstante, a exposición permanecerá aberta ao público no seu horario habitual, de 9:00 h a 21:00 h.

Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.

Suspensión das vistas guiadas o xoves 14 de novembro

📢 Aviso importante

O xoves 14 de novembro non se realizarán visitas guiadas por cuestións técnicas. Non obstante, a exposición permanecerá aberta ao público no seu horario habitual, de 9:00 h a 21:00 h.

Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias. ¡Agardámosvos!

Presentación do libro Los exvotos en Galicia

«Los exvotos en Galicia. Su significación en la religiosidad popular: de la cera a los cuadros votivos» de José Fuentes Alende, editado polo Museo de Pontevedra.

  • Día: xoves, 12 de setembro
  • Hora: 20.00 h
  • Lugar: sala de exposición de San Francisco «Escolma de escultura»

Intervirán: