Considerado discípujlo de Diego Velázquez, en 1634 interveu no cadro "Recuperación de San Juan de Puerto Rico, comezado por Eugenio Cajés, para a decoración do pazo do Bo Retiro (Prado). Entre as numerosas obras que se lle atribúen, "San Jerónimo" (1636. Bowes Museum, Bernard Castle, Gran Bretaña) é a única segura da súa man. O Museo do Prado conserva unha obra de dubidosa atribución, "Anciá sentada". Cultivou diversos xéneros pictóricos, pero alcanzou fama no seu tempo sobre todo polos seus cadros costumistas. No Museo L`Hermitage de San Petersburgo gárdase o mundialmente coñecido " O afiador" da súa autoría.