Manzano Freire, Acisclo / Acisclo

Data de nacemento
06/05/1940
Lugar de nacemento
Ourense (p)
Biografía

Escultor de formación autodidacta, sentiu desde moi novo atracción polas formas plásticas. Fundador, xunto cos pintores Xaime Quessada e Xosé Luis de Dios, do grupo "O Volter" bautizado por Risco como "Os Artistiñas", que supón unha inflexión na arte galega dos anos 70. A súa busca constante de novas formas e materiais, lévano a unha persoal forma de interpretar a "abstracción figurativa", esencialmente a través de delicadas terracotas que traballa cunha sensibilidade exquisita.

Arqueoloxía en monodose: “O Castro do Coto do Mosteiro revisitado 40 anos despois”

A conferencia “O Castro do Coto do Mosteiro revisitado 40 anos despois”, impartida por Luis Orero Grandal, presentou unha revisión dos traballos iniciados en 1983. O castro, situado nas inmediacións do Carballiño, revelou unha complexa estrutura defensiva con murallas de aparello helicoidal, foxos escavados na rocha e restos de canalizacións. Destaca a presenza de máis de 400 fragmentos de moldes de fundición en barro, indicativos dunha produción especializada en obxectos metálicos de adorno persoal.

Suspensión das vistas guiadas os días 15 e 22 de maio

📢 Aviso importante

Os días 15 e 22 de maio non se realizarán visitas guiadas por cuestións técnicas. Non obstante, a exposición permanecerá aberta ao público no seu horario habitual, de 9:00 h a 21:00 h.

Grazas pola súa comprensión e desculpen as molestias.

Arqueoloxía en monodose: "Idade Media no Val do Alto Támega: o exemplo do conxunto arqueolóxico da Ceada das Chás– Castelo de Lobarzán"

Na conferencia "Idade Media no Val do Alto Támega: o exemplo do conxunto arqueolóxico da Ceada das Chás– Castelo de Lobarzán", abordáronse aspectos clave das ocupacións prehistóricas e medievais na rexión. Durante a prehistoria, destacouse unha vía de comunicación relevante, cerámicas tipo peña en gran cantidade, evidencias de fondos de cabana e pinturas rupestres con figuras antropomorfas.