Prego de Oliver, Manuel

Data de nacemento
19/04/1915
Lugar de nacemento
Ourense (l)
Data de defunción
1986
Lugar de defunción

Ourense (l)
Biografía

A súa vocación pola arte é temperá, aínda que non puido dedicarse profesionalmente ata bastantes anos máis tarde. Dunha familia que dará intelectuais e xornalistas, exerceu como profesor na aldea de San Mamede de Urros, en 1933, aínda que a vai relegado do maxisterio tras a contenda da guerra civil, constituíndo o seu medio a súa vocación á pintura. Realizou a súa primeira exposición en Madrid no ano 1941. Máis tarde exporá en Barcelona, Bilbao, Salamanca. En Galicia mostra a súa obra en Vigo, onde atopa apoio do notario Alberto Casal, o seu protector, e realiza numerosos retratos de antigos presidentes da Cámara de Comercio e dous murais, un do traballo do campo e outro do mar para a Estación Marítima, a finais da década dos cincuenta. Os seus debuxos aparecen con frecuencia en publicacións de Madrid, sendo habitual a súa sinatura nos dominicais do ABC.
A grande mostra da súa vida realízaa en París, en 1981, no Pazo da Unesco, despois trasladado a Barcelona, ao Pazo Pedralbes; en 1984 ao Centro Cultural Caixavigo, e á súa cidade natal en 1985. A súa obra está nos museos de Galicia e nas máis importantes institucións públicas e privadas. Prego amaba o humilde, do que dá constante referencia na súa pintura. Gustábanlle os nenos, os vellos, os mendigos; os cabalos, os cans, as flores do campo, as dornas e as praias desertas.

Acuña López, José María

Data de nacemento
04/04/1903
Lugar de nacemento
Salcedo (San Martín de Afuera)
Data de defunción
1991
Lugar de defunción

Vigo (m)
Biografía

Naceu nunha familias de oito irmáns dos cales catro foron xordos. Dende os oito anos estudou no colexio rexional de xordos e cegos de Santiago, para cursar posteriormente Belas Artes en Madrid cunha bolsa da Deputación. Discípulo do grande escultor Asorey, foi moi dado a facer bustos e escenas costumistas. En 1924 comezou a participar en exposicións colectivas e en 1930 foi nomeado profesor de debuxo, modelado e talle no Colexio Rexional de Xordomudos de Santiago. Entre as súas obras máis coñecidas figuran o "Peregrino loitando co vento", no alto do Cebreiro, un conxunto escultórico composto en elo Monte do Gozo e outras moitas repartidas por Galicia e o exterior.

Corral Díaz, José

Data de nacemento
1918
Lugar de nacemento
Zaragoza (comarca)
Data de defunción
03/11/2005
Lugar de defunción

Ourense (l)
Biografía

A primeira relación coa Escola de Artes e Oficios de Ourense data de 1941, coincidindo coa súa vinda á cidade para o cumprimento do servizo militar, curso no que se matricula en debuxo. A partir de 1976 intégrase no claustro de profesores da devandita Escola, como profesor de debuxo artístico inicialmente e de copia de xeso, sendo director do centro ata 1993, data da súa xubilación.