Quessada Porto, Xaime

Data de nacemento
14/07/1937
Lugar de nacemento
Ourense (l)
Data de defunción
30/12/2007
Lugar de defunción

Vilar de Astrés (Purísima Concepción)
Biografía

Tendo manifestado un temperán interese artístico, xa dende a infancia, ingresa na Academia de San Fernando aos dezanove anos, gañando en 1960 a medalla de ouro na exposición das Escolas Nacionais. Puco despois, comeza a expoñer co grupo dos "Artistiñas", creado baixo a dirección de Vicente Risco.
En 1962 marcha becado a París e percorre Europa realizando exposiciós para, en 1971, pasar a América, onde, igualmente, realiza mostras en numerosos países -Cuba, México, Estados Unidos, etc.-.
Dunha grande inquedanza artística e intelectual, desenroa todo tipo de estilos e de actividades creativas. Pintor, debuxante, gravador, escultor, a súa obra realiza un interesante percorrido pola Historia da Arte, chegando a estilos tan dispares entre eles coma o academicismo ou a Nova Figuración de tendencia connotativa propia de Francis Bacon.