Esteban Lozano, José

Data de nacemento
1842
Lugar de nacemento
Madrid
Data de defunción
1921
Lugar de defunción

Madrid
Biografía

Discípulo de Sabino de Medina e de José Piquer na Escola de San Fernando, comeza a súa andaina artística como escultor. Viaxa por Francia, Alemania e Italia. Alentado por Eduardo Pescador, iníciase no estudio do gravado en oco, que será a súa vocación definitiva. Pertence ó grupo de medallistas con forte personalidade vinculados á Academia de San Fernando. En 1883 obtén a cátedra de gravado en oco da Escola de Belas Artes, da que será director ata a súa xubilación enh 1918. Entre a súa abundante producción, inscrita dentro do romanticismo ecléctico imperante, destaca a medalla realizado como premio para as Exposicións Nacionais de Belas Artes cuñadas durante anos según modelos seus.

Sellán y González, Gregorio

Biografía

Foi gravador xefe da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre de 1873 ata 1893, ano no que lle sucedeu no cargo Bartolomé Maura. Xunto con Marchioni e Maura forma un conxunto homoxéneo, no que as pautas estilísticas mantéñense apegadas a un conservadurismo ecléctico.

Bouvet, Carlos

Data de nacemento
1802
Lugar de nacemento
París
Data de defunción
1887
Biografía

Foi discípulo de Toussait. Realizou numerosas medallas para a monarquía española, vinculando claramente a medalla oficial deste momento cos gustos franceses.