Díaz Pardo, Isaac

Data de nacemento
22/08/1920
Lugar de nacemento
Santiago de Compostela (I)
Data de defunción
05/01/2012
Lugar de defunción

Coruña (A) (l)
Biografía

Fillo de Camilo Díaz Baliño, pintor e escenógrafo fusilado polo bando sublevado nos anos da Guerra Civil, vive dende a infancia rodeado dun ambiente artístico e intelectual. En 1938 realiza os seus primeiros ensaios pictóricos e, rematada a contenda, marcha a Madrid a estudar na Academia de San Fernando. Pouco despois, no 1942, realiza unha viaxe becada por Italia e comeza a expoñer en España e cidades coma Londres.
De carácter multidiciplinar e inquedo, en 1955 crea en Magdalena, na Arxentina, unha fábrica de cerámica. En 1963, xunto con Luis Seoane, abre o laboratorio de Formas -xermen da recuperación da cerámica de Sargadelos- e comeza a publicar coa súa editorial. Edicións do Castro. Unida a estas actividades, desenrola unha importante labor de revitalización da cultura e as artes galegas e nos anos setenta lidera o renacemento que vive o seminario de Estudos Galegos.
O seu estilo pictórico atravesa distintas etapas. Comeza nunha filiación barroquista propia de Laxeiro para, pasando por un momento de gusto posromántico, rematar abrazando un debuxo esquemático, expresionista e tendente á crítica social.

Bofill

Data de nacemento
1935
Lugar de nacemento
Barcelona (m)
Biografía

Debuxante e historietista radicado na cidade de Vigo, membro da plantilla do Xornal Faro de Vigo entre 1960 e o ano 2000. Sendo licenciado en Belas Artes, exerceu tamén coma profesor de debuxo en Esinanzas Medias.

Dans, Mª Antonia

Data de nacemento
1922
Lugar de nacemento
Oza dos Ríos
Data de defunción
1988
Lugar de defunción

Madrid (m)
Biografía

Comezando a súa formación artística na Escuela de Artes y Oficios da Coruña, marcha a comezos dos anos cincuenta a Madrid, onde fixa a súa residencia definitiva. Expón en España e en diversos países estranxeiros e obtén recoñecementos e galardóns nacionais e internacionais, coma a Medalla da Vila de París.
O seu estilo pictórico, de tendencia neoexpresionista, achégase ao popular e ao bucólico dende unha pincelada voluntariamente simplificada e grosa.

Lugrís, Urbano

Data de nacemento
28/01/1908
Lugar de nacemento
Coruña (A) (l)
Data de defunción
23/12/1973
Lugar de defunción

Vigo (m)
Biografía

Fillo de Manuel Lugrís Freire, célebre intelectual galeguista, e Purificación González, mestra e pianista. Convive, xa dende a infancia, coa intelectualidae galega.
Tras iniciar estudos de perito mercantil en Compostela, marcha a Madrid. Alí entra en contacto co mundo artístico e intelectual da República e participa nas Misións Pedagóxicas.
Trala Guerra Civil, e a partir de 1940, comeza a adicarse exclusivamente á pintura e a expor a súa obra.
O seu estilo, de tendencia surrealista, contén referencias e influencias da pintura metafísica de Chirico e de artistas coma Magritte.

Seoane, Luis

Data de nacemento
01/06/1910
Lugar de nacemento
Bos Aires
Data de defunción
05/04/1979
Lugar de defunción

Coruña (A) (l)
Biografía

Nace na Arxentina, no seo dunha familia de emigrantes que volta a Galicia no ano 1916. Residindo nun primeiro momento na Coruña, estuda dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde entra en contacto cos artistas e a intelectualidade galega do momento. Compaxina os estudos cun crecente interese pola ilustración e o debuxo e infórmase sobre o arte contemporáneo europeo e as vangardas.
No 1936, co estalido da Guerra e por mor da súa actividade política, vese obrigado a marchar de volta cara a Bos Aires. Alí colabora en xornais e realizando numerosas portadas e ilustracións para coleccións editoriais, así como anuncios. Na década dos corenta crece o seu interese pola pintura ao óleo e comeza a expoñer nesta modalidade. Acadando grande relevancia neste campo, representa á Arxentina en numerosos certames e concursos de pintura internacionais.
Nos anos sesenta, xunto con Isaac Díaz Pardo, desenrola os proxectos do Laboratorio de Formas, a recuperación da produción cerámica de Sargadelos e a apertura do Museo Carlos Maside.