Sevillano Estremera, Ángel

Data de nacemento
31/01/1942
Lugar de nacemento
Vigo (m)
Data de defunción
28/06/1994
Lugar de defunción

Vilagarcía de Arousa
Biografía

Fillo de Ángel Sevillano, xornalista e poeta, vive dende novo rodeado por influencias artísticas e literarias, entre as que destaca a encarnada por Manuel Colmeiro.
Formado na Escuela de Artes y Oficios de Vigo, amplía os seus estudos, mediante beca, na Escuela de Bellas Artes de San Carlos, en Valencia, e na de San Fernando.
O seu estilo, propio da Neofiguración, acusa en ocasións influencias de Marc Chagall e tende a primar a figura sobre o fondo ou a paisaxe.

Datas, Alberto

Data de nacemento
1935
Lugar de nacemento
Coruña (A) (m)
Data de defunción
2007
Lugar de defunción

Madrid (m)
Biografía

Comeza a súa formación artística na Escuela de Artes y Oficios da Coruña para ingresar no ano 1956 na Escuela de San Fernando. Recibe unha beca ministerial no ano 1961 para estudar en Venecia co muralista Bruno Saetti e, grazas a esta viaxe, entra en contacto coa abstracción expresionista de artistas coma Giacometti. A estas influencias sumaránselle as encarnadas por Bacon, Pollock, Gorky ou Basquiat.

Cores, Ventura

Data de nacemento
1931
Lugar de nacemento
Cee (Fisterra (comarca))
Data de defunción
2015
Lugar de defunción

Pontevedra (m)
Biografía

Pintor e deseñador de interiores, abandonou a súa Cee natal na infancia para marchar, canda a súa familia, a Santiago de Compostela. É na capital galega onde se forma como artista e onde, baixo a influencia de Carlos Maside, leva a cabo unha obra onde as formas xeométricas e esquemáticas únense a unha rica e expresiva utilización da cor.

Alonso, Rafael

Data de nacemento
09/08/1924
Lugar de nacemento
Pontevedra (m)
Data de defunción
14/12/1995
Lugar de defunción

Pontevedra (m)
Biografía

Acuarelista experto e recoñecido, comezou a empregar esta técnica no ano 1940.
Durante a década de 1940 forma parte do grupo artístico vigués Benito Soto. En 1952 marcha a París, onde permanece ata 1953. No ano 1960 establécese en Vigo, onde se conslida como deseñador e ebanista. Tras unha paréntese parcial, detrimetno da sua obra pictórica en favor da actividade de deseñador, volve a concentrar os seus esforzos na pintura a finais da década de 1960.

Pérez Bellas, Agustín

Data de nacemento
23/03/1927
Lugar de nacemento
Vigo (m)
Data de defunción
07/07/1982
Lugar de defunción

Vigo (m)
Biografía

Arquitecto de profesión, destacouse coma debuxante e desempeñouse, tamén, como pintor. Viaxou ampliamente e realizou exposicións, ademáis de en cidades galegas e españolas, na América Latina.
Influenciado por Goya e Daumier, o seu estilo tende ao escuro e ao tenebroso e ás temáticas críticas e socuialmente denunciadoras.

Ruibal Argibay, Mercedes

Data de nacemento
1928
Lugar de nacemento
Xeve (Santo André)
Data de defunción
12/04/2003
Lugar de defunción

Madrid (m)
Biografía

Encadrada nunha familia de artistas, comeza a desenrolar a súa arte en Bos Aires, seguindo nun primeiro momento os pasos de Laxeiro. Posteriormente toma unha dirección propia, mesturando influencias expresionistas cun estilo e unha temática naíf. Expón en numerosas cidades de España, en Italia e en América Latina.

Granel, Mario

Data de nacemento
1914
Lugar de nacemento
Coruña (A) (m)
Data de defunción
1991
Lugar de defunción

Vigo (m)
Biografía

Formado na súa xuventude En Santiago de Compostela baixo a tutela de Camilo Díaz Baliño, permaneceu encarcerado entre 1937 e 1942, vítima da represión franquista.
Tras unha época adicado, principalmente, á realización de murais e debuxo publicitario, marcha en 1957 cara Venezuela para retornar a Galicia no 1981. É nesta etapa na que acada a súa madurez artística, solidificando o seu estilo dende unha temática próxima ao surrealismo.
Era irmán do tamén pintor Eugenio Granell.

Otero Abeledo, Xosé / Laxeiro

Data de nacemento
23/02/1908
Lugar de nacemento
Donramiro (Santa María)
Data de defunción
21/06/1996
Lugar de defunción

Vigo (m)
Biografía

Tras un breve paso pola Escuela de Artes y Oficios de Vigo, emigrou a Cuba canda os seus pais en 1921. De formación altamente autodidacta, alí comezaría a realizar actividades artesanais e a profundizar no aspecto pictórico. En 1925 regresa a Galicia, onde, en paralelo cun oficio de barbeiro, adícase con profusión a pintura -destacan neste período os retratos-.
No ano 1931 é becado polo concello de Lalín para estudar na madrileña Escuela de San Fernando coma alumno libre. No 1933, de volta en Galicia, entra en contacto co círculo compostelán e o grupo de "Os Novos". Expón na "Barraca Resol.
A través da figura destes Renovadores, enténdese a conexión de Laxeiro co arte internacional da súa época e a ruptura coa tendencia do costumbrismo rexionalista. Puidendo ser encadrado neste período no grupo verista da "Nova Obxectividade", a partir do 1951, e coincidindo co seu establecemento en Bos Aires, o seu arte tenderá a unha simplificación e a unha abstracción de carácter máis colorista.

Varela, Leopoldo

Data de nacemento
1929
Lugar de nacemento
Porriño (Santa María)
Data de defunción
2007
Lugar de defunción

Porriño (Santa María)
Biografía

Formado co pintor catalán Marcet entre 1948 e 1952, expón en eventos como a Bienal de Pontevedra, onde en 1972 gaña a medalla de prata, a Trienal de Compostela de 1974 ou na de Artistas Galegos de Madrid, no 1976. Fora de España, expón en Caracas drante varios anos consecutivos.
A súa obra, de forte carácter impresionista, está domiñado por un gran domiño do debuxo e unha orientación temática paisaxística.

Prieto Nespereira, Julio

Data de nacemento
07/12/1896
Lugar de nacemento
Ourense (l)
Data de defunción
05/08/1991
Lugar de defunción

Madrid (m)
Biografía

Destacando, especialmente, coma gravador, realiza a súa primeira exposición ao óleo en Ourense no ano 1912. en 1917 trasládase a Madrid, onde comeza a colaborar con distintas revistas e a presentar a súa obra a certames e consursos, ademáis de expoñer.
Tendo coñecido o gravado no ano 1922, acada, tras lograr segundos e terceiros postos en anos anteriores, a medalla de ouro na Exposición nacional de Belas Artes nesta modalidade artística. Trala Guerra Civil, xa consolidado coma artista, realiza exposición e estancias internacionais en Asia, América e o norte de África.
En 1960 noméano vicerrector da Escola Nacional de Artes Gráficas. En 1966 fai unha exposición antolóxica no Museo de Arte Moderna de Madrid, onde da a coñecer series emblemáticas e representativas coma son « Hombres de mar»,«Mujeres del campo gallego» e «Peces rotos». Segúindose a súa proposición, créase o Museo Nacional de Gravado Contemporáneo e Sistemas de Estampación en 1967, do que é director entre 1967 e 1968. En 1974 concédeselle a medalla de ouro ó mérito nas Belas Artes.
En 1977 realiza unha exposición na súa cidade natal, na que a Deputación organiza un ciclo de conferencias dirixido por Otero Pedraio, Cunqueiro e Filgueira Valverde. A súa obra chega a Ourense, con unha grande cantidade de gravados, debuxos e pinturas. Aí é nomeado fillo predilecto en 1984.
A súa obra está representada en todos os museos de gravado contemporáneos e nos de Galicia como pintor, gravador e debuxante.
O seu estilo, palmariamente debedor nun primeiro momento do de Castro Gil, vólvese co tempo e a maduración artística máis solto e libre. As súas liñas libéranse e toman formas complexas e de maior experimentación, chegando a un barroquismo de figuracións tendentes a unha abstracción que só en contadas ocasións chega a alcanzar por completo -na serie de "Peces rotos"-.