Vega Pato, Tomás

Data de nacemento
1938
Biografía

Home polifacético, adica a súa vertente creativa a diversos campos dende o debuxo artístico e técnico, incluíndo a caricatura, fotografía, invesgtigación histórica e o deseño heráldico. Na actualidade, adícase ente outras labouras, ó deseño da imaxe corporativa ó servicio da administración provincial.

Álvarez-Sala y Vigil, Buenaventura

Data de nacemento
05/07/1869
Lugar de nacemento
Gijón
Data de defunción
05/03/1919
Lugar de defunción

Gijón
Biografía

Pintor de humilde procedencia social, autodidacta en boa medida. Artísta de profunda vocación e unha tenaz vontade pictórica. Os seus primeiros rudimentos pictóricos adquiriunos como aprendiz de taller, posteriormente puido ampliar estudos na Escuela de Bellas Artes de Madrid e máis adiante en Roma como pensionado. Tras a súa volta de Italia afíncase en Xixón dende onde concorre coas súas obras a numerosas Exposicións Nacionais, nas que consegue diversos galardóns. Desenvolve un estilo fortemente naturalista e dedica o mellor do seu talento a representar temas populares. Foi tamén un excelente retratista.

Goyanes Fernández, Antón

Data de nacemento
21/11/1934
Lugar de nacemento
Monforte de Lemos (l)
Biografía

Cursou estudos de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Ourense, cidade onde viviu longo tempo, dende unha temprana idade. Estudou pintura por libre e en tódalas súas facetas, dende a acuarela ao mural, xénero este último, que lle interesa de xeito especial. A súa obra comeza en 1968 en plena posmodernidade, nunha primeira etapa de paleta clara. Durante os anos 70 céntrase en plasmar "paisaxes urbanas" e xa nos 80, influenciado polo Fauvismo, a súa pintura cambia e Goyanes entra no grupo de artistas galegos chamado "Atlántica", comeza a realizar diversas exposicións e entra en contacto coa abstracción americana. Dende 1985 realiza as súas series de paisaxes urbanas (Toledo, Ourense...) para finalmente, na década dos 90 centrarse na abstracción e na figuración (aparecendo figuras humanas nas súas obras); sendo 1996 un ano decisivo de tributo a Matisse, onde comeza unha nova etapa na súa pintura coa serie "Constelaciones". Por último, no 2000 decidiu, Goyanes, adicarse aos murais e ao mosaico realizando catro columnas e dous murais para o vestíbulo e o teito do edificio da Cooperativa de Armadores. Actualmente reside en Vigo, realizando cada certo tempo algunha exposición das súas obras.

Xesús Ferro Couselo

Data de nacemento
30/07/1906
Lugar de nacemento
Valga (Caldas (comarca))
Data de defunción
23/04/1975
Lugar de defunción

Ourense (l)
Biografía

Cursou estudos no seminario a partir de 1918 compaxinandoos dende 1926 cos de Filosofía e Letras, na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou co Seminario de Estudios Galegos, onde fixo amizade con Xaquín Lorenzo. En 1931, tras rematar os seus estudos teolóxicos co grao de doutor trasladouse a Vigo para dar clases nun colexio dos xesuitas. Foi un dos fundadores da revista "Logos" e como delegado por Vigo participou na fundación do Partido Galleguista. En 1934 fundou a revista "Tude". En 1935 afiliouse aos grupos galeguistas de "Ultreya". Estaba en Madrid cando estala a Guerra Civil, inscribiendose nas Milicias Populares e na sección de ensino da CNT. Rematada a guerra instalouse en Ourense, onde pasou o resto da súa vida como funcionario adscrito ao Corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos. En 1942 creou o equipo de colaboradores do Museo Arqueolóxico con Vicente Risco e Florentino López Cuevillas. En 1951 ingresou na Real Academia Galega. En 1963 entrou a formar parte do consello de redacción da revista "Grial", ano en que xunto a máis asinantes propuxo á Real Academia Galega instituíse a data do 17 de maio como Día das Letras Galegas (adicada á súa persoa en 1996). Foi presidente da Asociación Cultural Auriense (1969-1973). En 1971 creou o "Boletín Auriense" e en 1972, polo seu labor científico, recibiu a Encomenda de Alfonso X o Sabio. Ten unha extensa bibliografía composta por 121 traballos redactados na sua maioría en castelán. Na súa localidade natal, Valga, convócase na súa memoria o Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo.

Ramón Parada Justel

Data de nacemento
11/03/1871
Lugar de nacemento
Esgos (l)
Data de defunción
13/05/1902
Lugar de defunción

Ourense (l)