Gravador en cobre natural de Barcelona onde naceu no ano 1804. Dende moi novo mostrou notables dotes para o debuxo e as artes gráficas. Foi na Escola de debuxo, pintura e escultura da cidade condal, patrocinada pola Xunta de Barcelona, onde alcanzou as primeiras distincións. A súa formación fundamentou esencialmente no estudo de mestres españois do século XVIII, especialmente na obra do seu avó materno, Pascual Moles. Como discípulos sobresae o seu fillo Camilo, tamén gravador e Antonio Roca, profesor que foi da Escola de Belas Artes. Ilustrou cos seus traballos a maior parte das publicacións dos editores cataláns máis destacados entre os anos 1823 e 1850. Os seus retratos formaron parte da obra dirixida por Basilio Sebastián Castellanos sobre biografía eclesiástica, tamén elaborou o mapa de España de Forés con dezaseis pranchas. Faleceu no ano 1860.