NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

Obxectos de perfume romanos

Obxectos de perfume romanos

Decembro 2012
-
Xulio Rodríguez González e Manuel Xusto Rodríguez
Obxectos de perfume romanos
Obxectos de perfume romanos

Dous obxectos procedentes de xacementos arqueolóxicos diferentes, pero pertencentes a un mesmo contexto cultural e complementarios desde o punto de vista funcional, constitúen a peza deste mes. Son dous fragmentos de vidro, un corresponde a un ungüentario tubular e o outro a un axitador de perfume, ámbolos dous relacionados co mundo da cosmética e da fragancia. No mundo antigo, a utilización de perfumes ten un significado diferente ao que lle damos hoxe en día; a súa orixe está ligada a esixencias estéticas, pero tamén a funcións terapéuticas, polo que non resulta fácil distinguilo dos produtos farmacéuticos.

O ungüentario está formado pola parte inferior dun recipiente de base redondeada e procede do Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé, dun contexto ben documentado entre mediados do século I e mediados do II d.C. O outro elemento corresponde a un pequeno fragmento dun remexedor ou axitador de perfumes atopado no xacemento de Armeá, na zona da Atalaia, na escavación que realizou Francisco Conde-Valvis Fernández, na década dos 50.