NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN
Biblioteca do museo. Edificio Santa Mª de Europa (A Carballeira)

Rúa Xílgaros s/n. Tfno.: 988 788 439 | Fax: 988 788 450

De luns a venres de 9.00 a 14.00 horas

Exposición: “Escolma de Escultura”. Sala San Francisco (edificio anexo ao claustro)

Rúa da Granxa s/n. Tfno.: 988 788 417

De martes a sábado de 9.00 a 21.00 horas

Domingo de 9.00 a 15.00 horas

Luns e festivos pechado

Rúa da Granxa s/n.
Tfno.: 988 788 417

A Pedra Alta de Castrelo do Val

A Pedra Alta de Castrelo do Val

Outubro 2012
-
Alberte Reboreda Carreira e Eduardo-Breogán Nieto Muñiz
A Pedra Alta de Castrelo do Val
A Pedra Alta de Castrelo do Val

O lugar no que apareceu a estela, situado no límite SW do concello de Castrelo do Val, xa raiando con Verín e Monterrei, é coñecido como Pedra Alta. O topónimo evidencia que a peza estivo fincada e ergueita neste lugar desde hai moito tempo, probablemente desde época prehistórica. Neste sentido hai que recordar que outro tipo de pedras fincadas –caso da Pedra Alta da Limia por exemplo– serviron de referencia física para a sinalización de recursos, asentamentos e necrópoles ao longo da Prehistoria e para definir o límite de coutos e xurisdicións durante a Idade Media e a Idade Moderna.

Nunca antes aparecera en Galicia un gravado prehistórico datado na Idade do Bronce cun escudo de escotadura en V e un carro tirado por animais. Presenta un perfil antropomorfo, con catro escotaduras labradas de dúas en dúas que procuran definir, de xeito moi arcaico e primitivo, unha silueta humana.