Para conmemorar o Día do Libro, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense libera en liña o primeiro volume do Boletín Auriense, revista que inicia a súa andaina en 1971, polo que este ano celebramos o seu 50 aniversario.
Actividades
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense faise presente na celebración do Día Internacional da Muller, que neste ano 2021 leva como tema: “Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19”, con dúas excepcionais pezas dos seus fondos. A través delas coñeceremos as dúas mulleres que as patrocinaron. Mulleres de gran presenza na sociedade do seu tempo, que realizan ofrendas vinculadas ás súas crenzas.

Presentación do libro: ARQUEOLOXÍA DO NOROESTE PENINSULAR EN TEMPOS DE NÓS editado polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Interviñeron Gabriel Alén Castro, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Anxo Lorenzo Suárez, Secretario Xeral de Cultura e Xulio Rodríguez González, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Para conmemorar o Día Internacional do Patrimonio Mundial, efeméride que se fai coincidir coa firma en Paris da Convención sobre Patrimonio Mundial Cultural e Natural, na que se une a protección da natureza coa conservación dos sitios culturais, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense realiza unha serie de actividades relacionadas co Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santome.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por medio do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, con motivo de celebrase este ano o centenario de NÓS, publica o libro Epistolario. Cuevillas e os eus contemporáneos, no que se recolle a correspondencia que mantivo Florentino López Cuevillas, entre o ano 1925 e 1958, con diferentes persoeiros do mundo da cultura, da ciencia ou da política, entre os que destacan figuras como Henri Breuil, Adolf Schulten, Pero Bosch Gimpera ou Castelao.