A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e do Museo Etnolóxico de Ribadavia, participa nunha iniciativa promovida pola Rede Dixital de Museos de España, a exposición en liña Ausencias e silencios
Actividades
O mércores, 14 de marzo, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: Cruz procesional renacentista, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do historiador Ángel Domínguez López.
Entrada libre.
O mércores, 8 de febreiro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: Santa Catarina de Alexandría, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de María del Pilar Núñez Sánchez.
Entrada libre.
Inauguración desta exposición itinerante no Edificio Multiusos Municipal en San Cristovo de Cea o día 2 de febreiro de 2012 ás 19:00h.
Permanecerá aberta ata o 5 de marzo.
Entrada libre e gratuíta.
O mércores, 11 de xaneiro, ás 20:00 h. terá lugar a presentación da Peza do mes: Unha punta de lanza do Bronce Final de Dozón, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do arqueólogo José Suárez Otero.
Entrada libre.
O mércores, 14 de decembro, ás 20:00h. terá lugar a presentación da Peza do mes: Sítulas de Santomé, na Sala San Francisco. A explicación correrá a cargo de Xulio Rodríguez González, director do Museo.
Entrada libre.
Inauguración desta exposición itinerante na Casa da Cultura de Xinzo de Limia o día 3 de novembro de 2011 ás 20:30h.
Entrada libre e gratuíta.
Inauguración desta exposición itinerante na Casa do Escudo de Verín o día 7 de outubro de 2011 ás 19:00h.
Entrada libre e gratuíta.
Permanecerá ata o 27 de outubro.